Descrición do proxecto

Este proxecto, aborda catro retos de investigación relevantes e actuais nos que se pretende realizar achegas e desenvolver tecnoloxía que avance o estado da arte actual, a saber:

  1. Planificación Intelixente.
  2. Etiquetaxe semántico de Traxectorias.
  3. Representación e Almacenamento eficiente de Traxectorias.
  4. Desenvolvemento Automatizado do Software.

Os avances científico-tecnolóxicos que se pretenden realizar nestes catro retos de investigación constitúen os 4 Obxectivos De Investigación ou transversais do proxecto.

Os resultados dos tres primeiros obxectivos de investigación permitirán a creación dos diferentes módulos software que necesitaría unha aplicación avanzada de Xestión de Traballadores Móbiles ( GTM) para posibilitar a planificación, o seguimento e o almacenamento e explotación dos traballos diarios de cada traballador/a móbil. Así, cos devanditos módulos implementaranse tres prototipos de aplicacións GTM adaptados, cada un deles, ás necesidades dunha das tres empresas non TIC do consorcio. Estes tres prototipos, que terán unha arquitectura software común, constitúen os 3 Obxectivos Tecnolóxicos ou verticais do proxecto e servirán para probar e validar as tecnoloxías resultado dos tres primeiros retos de investigación.

Doutra banda, os seus módulos de software, debidamente encapsulados, utilizaranse para crear un cuarto prototipo para a empresa TIC do consorcio, pero que no canto de ser unha aplicación GTM, será unha Ferramenta para a Xeración de Aplicacións GTM, que denominaremos HGAGTM e que constitúe o Obxectivo Final do proxecto. Para a creación de HGAGTM non só se necesitarán os compoñentes previamente creados, resultado dos tres primeiros retos de investigación, e probados mediante o seu uso nos tres prototipos de aplicacións GTM, senón que ademais será necesario, obviamente, abordar o cuarto reto de investigación.

Entidades participantes

No proxecto XEMA participan catro empresas e un centro tecnolóxico en réxime de subcontratación que colabora coas catro empresas:

  • Gestora de subproductos de Galicia, S.L.
  • Enxenio S.L.
  • A0 Mayores Servicios Sociales, S.L.
  • Taprega Prevención de Riesgos, S.L. Centro Tecnológico de la Universidade da Coruña (CITIC).

Financiación pública

Este Proxecto, con nº de expediente IN852A 2018/14, foi subvencionado na convocatoria Conecta Peme 2018 pola Axencia Galega de Innovación, co apoio da Consellería de Economía, Emprego e Industria. Confinanciado polos fondos FEDER da Unión Europea.

Máis Información

https://codigocero.com/O-CITIC-presenta-o-proxecto-GEMA-ante-o-tecido-innovador-galego

https://codigocero.com/Presentase-no-CITIC-o-proxecto-GEMA-financiado-por-GAIN-a-traves-de-Conecta

https://www.taprega.com/proyectogema/

https://mayores.es/proyecto-gema/

https://www.enxenio.es/enxeniolabs/gema-gestion-de-la-movilidad/

https://www.laopinioncoruna.es/coruna/2019/07/30/investigadores-coruneses-impulsan-proyecto-gestion/1423332.html

https://www.elidealgallego.com/articulo/coruna/citic-anuncia-desarrollo-software-trabajadores-moviles/20190729211455411383.html

https://cadenaser.com/emisora/2019/07/29/radio_coruna/1564417988_053616.html