Gesuga conta actualmente cunha flota de 54 vehículos. Os camións, amais de ser herméticos, están equipados con guindastre, báscula e sistema de comunicacións.

Isto permite optimizar as rotas en tempo real en función das demandas de servizos.

Ademais conta con 5 cabezas tractoras para transportar diariamente o material desde as plantas intermedias até a planta de transformación de Cerceda.

Sistemas de desinfección

As operacións que se levan a cabo para a recollida de cadáveres en contedores, supoñen unha exposición a axentes químicos (desinfectante) e biolóxicos (flora microbiana e parasitaria maioritariamente) altamente patóxenos. O contacto directo co referido material (cadáveres de animais mortos en explotacións gandeiras) conleva un alto risco de contaminación persoal. É por iso que Gesuga ten establecido un rigoroso protocolo de medidas preventivas respecto aos operadores/ras de vehículos, así como o seu control e seguimento, conseguindo así o máis estrito cumprimento de bioseguridade.

En Gesuga, seguindo o protocolo de bioseguridade establecido na nosa empresa, todos os vehículos son limpados e desinfectados despois de cada utilización.

Neste senso temos implementado un novedoso sistema de desinfección e desinsectación autónomo. O devandito sistema consiste nuns aspersores que son accionados desde o interior da cabina, e están ubicados nos gardalamas das rodas e no interior da caixa do vehículo. Desta forma evítase que o/a operador/a do vehículo entre en contacto directamente coa zona contaminada.

Desinfección de rodas dianteiras:

Desinfección rodas traseiras:

Ademais en cada unha das diferentes plantas intermedias existen centros de lavado e desinfección homologados, onde se realizan diariamente limpezas dos interiores e exteriores dos vehículos, de acordo coa normativa vixente.