Centros Loxísticos: Lugo e Ourense

Para un completo servizo de recollida de subprodutos, SANDACH, nas explotacións gandeiras na nosa comunidade, Gesuga construíu 2 Plantas Intermedias:

En Vilamarín, Ourense, que servirá de base ás rotas de recollida da provincia de Ourense, Sur de Lugo e parte de Pontevedra.

Autorización SANDACH: S32087004

Parcela de 5.700 m2 cunha superficie construída de 650 m2.

Parque empresarial Vilamarín
Parcelas 44-45 – Ourense
Telf y Fax: +34988202200
GPS: N 42º 41,926′ W 7º 20,918′

En Outeiro de Rei, Lugo, que servirá de base ás rotas de recollida da práctica totalidade da provincia de Lugo.

Autorizacion SANDACH: S27039003

Parque empresarial Matela – S1

27150 – Outeiro de Rei – Lugo
GPS: N 43º 11,720′ W 7º 59,421′

Este proxecto supón unha mellora na loxística da recollida e, o que é máis importante, unha mellora nas medidas de bioseguridade do proceso, xa que se reduce o número de camións que se desprazan até a planta de transformación en Cerceda diminuíndo con iso o risco de contaminación.

Os camións procedentes dos distintos roteiros de recollida chegan á planta intermedia a primeira hora da tarde, tras o pesado e control documental descargan no foxo, sobre un camión trailer con bañeira que traslada os subprodutos animais á planta de transformación situada en Cerceda.

Posteriormente todos os vehículos son lavados e desinfectados no centro de lavado e desinfección situado no interior da nave.

Á parte, e para o tratamento das augas residuais do proceso, construíuse unha depuradora con capacidade de tratamento de 20m3/día.

[google_map_easy id=”1″]