Código de conduta

O Consello de Administración de  GESUGA, no marco do seu Programa de Cumprimento Normativo, aprobou un “Código de conduta e boas prácticas corporativas” no que se definen os principios xerais e as pautas de comportamento responsable que guían o traballo diario da compañía e a súa relación con terceiras persoas.

Todas as persoas que formamos  GESUGA, administradores, directiva e persoal, estamos obrigadas a manter unha conduta ética apropiada, e a actuar sempre, tanto a nivel interno como externo, de acordo cos principios xerais recollidos neste Código. O sometemento á legalidade, o respecto, a igualdade de trato, a integridade e a transparencia presiden todos os procesos de decisión da empresa e orientan a súa actuación alí onde opera.

En  GESUGA esperamos das persoas profesionais e as empresas coas que nos relacionamos que tamén axusten a súa conduta aos principios e valores sobre os que se asenta a nosa cultura de cumprimento normativo.

CONSULTAR CÓDIGO DE CONDUTA: https://storage.googleapis.com/mfsgic-gesuga/enlaces-publicos/Codigo-Conducta-Gesuga.pdf

Canle responsable

GESUGA pon a disposición do seu persoal, e das terceiras persoas coas que se relaciona (empresas clientas, provedoras…), unha ferramenta  online á que poden acudir para comunicar, de forma segura, calquera comportamento contrario ao Código de Conduta da empresa, á súa normativa interna ou á legalidade. Canle Responsable, ademais, está aberto á presentación de queixas, reclamacións, dúbidas ou suxestións sobre o Programa de Cumprimento Normativo de  GESUGA.

Todas estas comunicacións serán recibidas e tratadas, de forma confidencial, pola persoa Responsable de Cumprimento Normativo da empresa, de acordo co disposto na norma que regula o funcionamento da canle.

Canle Responsable constitúese, así, como unha ferramenta eficaz para consolidar unha cultura do cumprimento en  GESUGA e garantir que o seu Código de Conduta é observado e, ademais, como un efectivo sistema para detectar, de forma temperá, posibles condutas ilícitas, irregulares e/ou delituosas en seo da organización, dando cumprimento ás esixencias do vixente Código penal en materia de responsabilidade penal das persoas xurídicas.

ACCESO AO CANLE RESPONSABLE: https://goo.gl/KVrTxx