Política de calidade

A NOSA MISIÓN: Prestación dun servizo de elevada calidade, profesionalidade e cun trato persoal e próximo ao cliente, principio básico polo que se rexe a nosa empresa, ofrecendo a xestión integral de  subprodutos  cárnicos, é dicir, recoller e transportar os cadáveres de animais das explotacións gandeiras de Galicia, para posteriormente transformalos e eliminalos da maneira máis limpa,  inocua,  enerxéticamente eficiente e rendible posible.

A NOSA VISIÓN: Ser unha referencia de calidade e profesionalidade en xestión integral de  subprodutos  cárnicos.

A calidade en  GESUGA atópase presente en todo o que facemos e no noso día a día, sendo unha parte esencial da estratexia de compañía e para iso ten implantado e mantén un Sistema de Xestión da Calidade conforme aos requisitos da norma internacional  ISO 9001.

Con este instrumento ponse en manifesto a vontade da empresa de mellorar de forma continua a atención:

CLIENTES: logrando satisfacer as necesidades e expectativas dos nosos, Garantindo a Seguridade Alimentaria e o Cumprimento Normativo.

RECURSOS HUMANOS: contar cun equipo humano altamente cualificado, mellorando os procesos de traballo para lograr a satisfacción no desenvolvemento do seu traballo, transmitir a imaxe e os valores da empresa, traballando en equipo e logrando unha estabilidade nos postos de traballo a través da formación, o desenvolvemento profesional e a motivación de todos os nosos empregados.

INNOVACIÓN: Incorporando as mellores técnicas dispoñibles e iniciando novos proxectos para  fomentar o uso de novas tecnoloxías.

PROVEEDORES: establecendo relacións comerciais con provedores que cumpran cunha calidade acorde coas necesidades da nosa empresa.

SOCIOS E EQUIPO: alcanzando o máximo beneficio tanto para os socios como para o equipo que o conforma, centrándonos na  minimización dos custos, optimizando automatizando e estandarizando os nosos procesos e tentando abrir novas liñas de negocio.

Adhesión ao Pacto Mundial das Nacións Unidas

Conscientes de que as organizacións empresariais deben comprometerse co desenvolvemento dunha sociedade xusta, solidaria, respectuosa co medio ambiente e cos valores humanos, renovamos o noso compromiso adquirido cos Dez Principios do Pacto Global, e comprometémonos a seguir apoiando e difundíndoos entre os nosos grupos de interese.

GESUGA comprométese a crear unha memoria de progreso onde se informa sobre as accións realizadas na implementación dos 10 Principios do Pacto Mundial aos seus grupos de interese seguindo a política de  reporting de Global  Compact. a través da web do Pacto Mundial (http://www.pactomundial.org), co fin de que sirva aos grupos de interese como elemento informativo e como evidencia da transparencia na xestión empresarial.