Fontes da empresa comentaron que se trata unicamente de separar os lugares nos que se realizan os procesos.

A empresa Xestora de Subprodutos de Galicia (Gesuga), enclavada en Cerceda, realiza xestións para reordear as súas plantas de tratamento. A Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental somete o proxecto a exposición pública porque se trata dunha modificación sustancial da autorización ambiental integrada.

O proxecto consiste na construción dunha nova planta de tratamento de subprodutos cárnicos que non están destinados ao consumo humano, aínda que non implicará un incremento da capacidade de tratamento. Fontes da empresa comentaron que se trata unicamente de separar os lugares nos que se realizan os procesos.

A documentación pode ser consultada polas persoas interesadas na páxina web da Consellería de Medio Ambiente Territorio e Infraestruturas.

La Voz de Galicia, 05 de setembro de 2015