Gesuga é unha empresa fundamentalmente loxística.

Diariamente recíbense en Galicia uns 500 avisos de recollida de cadáveres de animais.

Este proceso é realizado por Agroseguro, o cal, ao finalizar a xornada, envía todos os avisos recebidos ao longo do día para que Gesuga proceda á súa recollida ao día seguinte.

É neste punto onde entra en marcha o departamento de rotas, que é o encargado de recoller os devanditos avisos e distribuílos do xeito máis óptimo posíbel entre os diferentes roteiros existentes, para así poder atender todas as peticións no menor tempo posíbel.

Na actualidade Gesuga conta cun equipo formado por 6 persoas no departamento de rotas e 40 operadores/operadoras.

Proceso de recollida

Tras do proceso de deseño e confección de cada roteiro, o seguinte proceso é a propia recollida dos animais. Cada operador/operadora recolle o seu vehículo en cada unha das diferentes plantas coas que conta Gesuga, e procede a realizar as recollidas asignadas, seguindo os protocolos de actuación que a propia empresa deseña e esixe a cada operador/operadora.

Cada operador/operadora debe se asegurares, antes de empezar a súa rota diaria, que leva os suficientes EPIS (equipo de protección individual) para cubrir todas as recollidas indicadas na súa folla de rota. O devandito equipo está composto por mascarillas desbotábeis, buzos, calzas, luvas de látex desbotábeis, gafas e luvas de seguridade.

Seguindo o protocolo de bioseguridade establecido na nosa empresa, cada camión é limpado e desinfectado despois de cada uso, sendo o control das condicións en que se realiza o transporte un dos principais riscos que deben contemplar os plans de bioseguridade das granxas.

Os vehículos están equipados cos medios técnicos máis axeitados para eliminar os riscos na transmisión de enfermidades inherentes ao transporte atendendo á “Guía de boas prácticas sobre bioseguridade na recollida de cadáveres en explotacións gandeiras”.

Para garantir a trazabilidade esixida pola lexislación vixente e establecida no noso plan de perigos e puntos críticos de control, Gesuga leva un rexistro dos subprodutos recollidos en cada explotación onde constará cada vehículo que efectuou a recollida, as datas, a cantidade transportada, datos da orixe e destino de cada subproduto. Todos os subprodutos son enviados á planta de transformación O MESMO DÍA da súa recollida, ben directamente ou ben a través dunha das plantas intermedias.

Na planta ubicada en Cerceda, A Coruña, é onde, previamente ao proceso de transformación, se recepciona toda a mercadoría.