Sede Central: Cerceda. A Coruña

En Cerceda (A Coruña) están situadas as instalacións principais de Gesuga.

Autorización SANDACH S15024001

Autorización SANDACH planta de transformación categoría 2 S15024001

Atópanse aquí as oficinas centrais, así como unha planta intermedia de categoría 1, unha planta intermedia de categoría 2, a planta de transformación de  subproductos animais de categoría 1, a planta de transformación de  subproductos animais de categoría 2 e unha planta técnica de salgado de peles.

  • Planta de transformación de categoría 1

  • Planta de transformación de categoría 2

  • Planta intermedia de categoría 1

  • Planta intermedia de categoría 2

  • Planta intermedia de categoría 2, mostraxe e extracción de peles

  • Planta técnica. Salgado peles bovino

Parcela de 40.000 m2 cunha superficie construída de 8.000 m2 (7.000 m2 de planta e 1.000 m2 de oficinas)

Lg. de Areosa, s/n – Queixas
15186 – Cerceda – A Coruña
Telf: +34981688181 – Fax: +34981688180
GPS: N 43º 08,014′ W 8º 27,787′

Neste lugar é onde, previamente ao proceso de transformación, se recepciona toda a mercadoría.

Os subprodutos que se recepcionan como CATEGORÍA 1, antes da transformación, faise unha separación dos animais que han de ser  mostrexados, seguindo a orde  PRE/2493/2011 do 16 de setembro, polo que se establece e regula o Programa Integral coordinado de vixilancia e control das  encefalopatías esponxiformes  transmisibles dos animais, en caso de bovinos maiores de 24/48 meses ou de ovinos que superen os 18 meses. Para efectuar esta mostraxe séguese o protocolo indicado polos Servizos Veterinarios Oficiais. Son as Autoridades Sanitarias as que posteriormente proceden á inspección, clasificación e envío destas mostras ao laboratorio de referencia para a súa análise. A continuación os  subproductos son enviados á planta de transformación de categoría 1.

Seguindo o Método 4 do regulamento para a transformación de  subproductos animais de  categoria 1,  GESUGA deseñou esta planta cunha capacidade de produción de 20.000 quilos á hora.

Os  subprodutos que se  recepcionan como  CATEGORÍA 2, son enviados, desde a planta intermedia de categoría 2, á planta de transformación de categoría 2.

Seguindo o Método 4 do regulamento para a transformación de  subproductos animais de categoría 2,  GESUGA deseñou esta planta cunha capacidade de produción de 10.000 quilos á hora.

3-imagen-aerea-GESUGA-2014-1024x642