Política medioambiental

En  GESUGA levamos a cabo un importante labor de protección do noso medio ambiente garantindo a seguridade da saúde pública e da cadea alimentaria, nace como solución ao problema ambiental de enterramento de cadáveres animais no territorio galego. No seu firme compromiso coa protección do Medio Ambiente ha implantado un Sistema de Xestión Ambiental conforme aos requisitos da norma internacional  ISO 14001.

Con este instrumento ponse en manifesto a vontade da empresa para mellorar o seu comportamento ambiental alcanzando un compromiso de  minimización da contaminación que as nosas actividades poidan xerar a través da redución de emisións de gases de efecto invernadoiro,  mediante o establecemento de obxectivos e metas e a avaliación ambiental sistemática e periódica do Sistema de Xestión, establecer obxectivos de reducir progresivamente as emisións mediante a aplicación das mellores técnicas dispoñibles.

Para o inicio das actividades  GESUGA recibiu por parte das autoridades competentes unha Autorización Ambiental Integrada ( AAI), unha figura de intervención administrativa que establece as condicións ambientais necesarias para a explotación das actividades e instalacións contempladas no Anexo I da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación, nela inclúese todos os aspectos ambientais e aqueloutros relacionados que consideren as autoridades de acordo coa lexislación básica estatal e as correspondentes autonómicas.

Política enerxética

Conscientes da importancia da eficiencia enerxética apostouse pola implantación dun sistema de xestión enerxética en todas as actividades da empresa co fin de adquirir un compromiso de mellora continua do desempeño enerxético, mediante a mellora na xestión dos consumos enerxéticos, fomentando o uso eficiente da enerxía e o aforro enerxético mediante o emprego das mellores técnicas dispoñibles, mellorar os hábitos de consumo de enerxía en canto o aforro da mesma revértese entre os traballadores e calquera das persoas alleas á empresa que empreguen as súas instalacións e reducir os gases de efecto invernadoiro emitidos.

Sustentabilidade do produto

GESUGA incorporou a certificación ISCC, para as graxas animais transformadas de categoría 1 obtidas no noso proceso. ISCC é o primeiro sistema internacional que certifica conforme á Directiva Europea de Enerxías Renovables (2009/28/CE) que o noso produto cumpre cos estándares de sustentabilidade establecidos e o seu uso contribúe ao aforro e gases de efecto invernadoiro

Contribuíndo á produción de enerxía renovable

 

Instaláronse na sede de Cerceda de GESUGA un total de 753 módulos fotovoltaicos para unha produción de enerxía anual de 244976.68 kWh. Esta instalación equivale a un total de 8329 árbores plantadas, contribuíndo a unha redución do quecemento global e a un menor impacto ambiental.

[/imageframe][/one_full]